Espazo Común de Piñor pide a retirada dun porco morto preto da Vía da Prata

IES CHAMOSO LAMAS

Fai unha semana, uns veciños da parroquia de Carballeda, en Piñor, mentres saían a camiñar polas pistas paralelas á AG-53 e ó enlace de Piñor atoparon un porco morto tirado na beira da pista, preto do camiño da Vía da Prata.

Os veciños trasladaron a situación ó voceiro do grupo Espazo Común, Francisco Fraga, contándolle que no momento avisaron ás autoridades competentes.

SPORTUR GALICIA 2022

Unha semana despois, o porco segue no mesmo lugar, pero agora estase descompoñendo e o cheiro é insoportable. Dende o grupo trasladan a petición de que se tomen medidas o antes posible.