O voluntariado de Protección Civil recolleu no Carballiño máis de 700 kg de produtos para o Banco de Alimentos

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) do Carballiño vén de entregar no Banco de Alimentos de Ourense os produtos de alimentación recollidos nos establecementos comerciais da vila do Arenteiro ao longo da tempada de Nadal e Reis e que irán destinados ás familias da provincia que están a padecer problemas económicos.

Adolfo Otero e Delfín Borrajo, coma representantes do voluntariado carballiñés, foron os encargados de transportar e facer entrega do material donado pola veciñanza durante estas pasadas festas navideñas á hora de realizar as súas compras nos supermercados Eroski, Froiz e Gadis, ubicados no casco urbano da vila.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Concretamente, a AVPC levou a cabo a recollida de 733 kg de produtos alimenticios non perecederos nestes tres centros de alimentación do Carballiño, dentro da campaña “Por un Nadal feliz para todos”, promovido polo propio Banco de Alimentos, que agradeceu a colaboración de tódalas agrupacións de Protección Civil da provincia que se sumaron a este iniciativa.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------