Menor propón ao Centro Especial de Emprego de Aspamadis o mantemento medioambiental de 5 rutas que parten dos balnearios da provincia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No marco da xornada “Unha década sembrando ilusión”, organizada por Adido e Aspamadis, o presidente provincial propuxo esta oferta de emprego ao seu Centro Integral de Emprego co obxectivo de implantar un programa de actividades relacionado coa saúde física e mental

Esta proposta chega logo da reunión mantida entre Luis Menor e a directiva de Aspamadis no pasado mes de decembro, na que se comprometera a explorar posibles liñas de colaboración que agora podería concretarse a partir do mes de febreiro

Ourense, 15 de xaneiro de 2026.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na xornada “Unha década sembrando ilusión” organizada por Adido e Aspamadis, onde propuxo ao seu Centro Integral de Emprego encargarse da limpeza e acondicionamento das rutas que pasan polos balnearios da provincia co obxectivo de implantar un programa de actividades relacionado coa saúde física e mental durante todo o ano.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha nova medida coa que se pretende, desde a Deputación, ampliar o concepto de balneario como edificio orientado á saúde para abarcar toda a biodiversidade circundante.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Neste sentido, Menor dixo que esta iniciativa é “unha boa idea para a nosa comunidade porque nos permitirá ter coidadas as contornas máis especiais do noso territorio á vez que coidamos das persoas que fan especial a nosa provincia”.

Esta proposta chega logo da reunión que mantivo no pasado mes de decembro o presidente provincial coa directiva de Aspamadis, na que Luis Menor se comprometeu a explorar posibles liñas de colaboración para ofrecer axenda de traballo ao colectivo, actividades que tamén forman parte da actividades dos usuarios e fomentan o seu grado de autonomía e, un mes despois, “estamos aquí materializando ese compromiso”.

No caso de que Aspamadis acepte esta proposta, a partir do mes de febreiro, comezarían a traballar na adecuación dos sendeiros termais da provincia dando “un salto cualitativo na nosa oferta termal”.

Por último, o presidente da Deputación agradeceu o traballo que levan realizando ao longo desta década “chegando a onde non chegan as propias administracións”, en cuestións complexas como a inclusión laboral, una “preocupación e prioridade que compartimos desde o goberno provincial, porque somos conscientes de que só unha persoa integrada no mercado laboral pode aspirar á plena inclusión na sociedade”. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------