Programa do Entroido de Seixalbo 2026

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

ENTROIDO SEIXALBO 2026

A programación foi posible grazas á colaboración do Concello de Ourense, e organizado pola Asociación Veciñal San Breixo. Tamén contan coa colaboración do Colexio Público CEIP de Seixalbo para o Venres da Rapazada, en que máis de douscentos membros da comunidade educativa enchen a vila de Seixalbo coas cores entroideiras.

Lembran que esta festa está presidido desde hai máis de 150 anos por Paquita e Nicanor,  persoeiros do Entroido de Seixalbo. As vestimentas son purificados no lume cada Martes de Entroido, mentres que as cabezas entréganse para custodia a unha parella do lugar, coa esperanza de que fagan efecto os seus poderes e aseguren a descendencia da parella ou, polo menos, a continuidade do Entroido.

Sufriron diversos avatares, e tiveron que ser agochados durante cada ano,  diante do temor da requisa institucional. As figuras máis antigas que se conservan están baixo custodia da Asociación Veciñal, a Paquita, unha talla de 1902 aproximadamente, e un Nicanor algo máis recente, de mediados do século XX, estando expostos todo o ano no local veciñal, utilizándose para o Entroido dúas tallas posteriores. Hai anos apareceu Paquita cun pequeno, Vicentiño, que se atribúe a Nicanor, extremo sen confirmar, e que se incorpora tamén á festa desde entón.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PROGRAMA

Domingo 8 Febreiro

DOMINGO OLEIRO

16:30 h Parque da Infesta

17:00 h Recollida de Paquita, Nicanor e Vicentiño

  • Pasarrúas

18:00 h Xogo de Olas e Piñatas

19:00 h Entroido na Praza Maior

20:00 h Chocolatada

  • Charanga TATOO

Venres 13 Febreiro

DÍA da RAPAZADA

11:00 h Parque da Infesta

  • Pasarrúas
  • Baile na Praza Maior

Coa participación do Alumnado e Profesorado do Colexio Público:

CEIP Plurilingüe de Seixalbo

Charanga BREXIT

Domingo 15 Febreiro

DOMINGO de ENTROIDO

13:30 h Carpa da Infesta

  • Sesión Vermú

14:00 h Gran Cocido Bacanal

16:30 h Baile de Máscaras

  • Charanga Dr.  ANCHOA
  • Orquestra LA OCA BAND

Martes 17 Febreiro

MARTES de ENTROIDO

16:30 h Parque da Infesta

  • Pasarrúas

17:30 h Praza Maior. Pregón

18:00 h Festa das Comparsas

19:00 h Orellada

20:00 h Queima dos Mecos

  • Charanga BREXIT
  • Charanga SORCHA
  • Disk Jockey DELUXE
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------