Ramón Caride presenta este sábado o seu último libro, “Contos corsarios”, en Escolma Libraría

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este vindeiro sábado, 31 de xaneiro, terá lugar en Escolma Libraría a presentación de “Contos corsarios”, o novo libro de relatos de Ramón Caride, o afamado autor de San Cristovo de Cea.

Trátase de “relatos que beben do cine e apuntan ao que os sentimentais das salas escuras chamamos gran pantalla, pois en realidade semellan guións á espera de que alguén os transforme en imaxe viva”


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O acto terá lugar ás 12,00 horas e contará coa participación do crítico de cine e escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández e tamén do escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------