A localidade de Medina del Campo (Valladolid) acolleu o xoves pasado 22 de xaneiro, ás 17:00 horas, a Asemblea Ordinaria da Asociación de Pobos Produtores de Pataca, converténdose no epicentro do sector pataqueiro. Un encontro no que se analizaron as principais liñas de traballo da Asociación e no que se levou a cabo tamén a adhesión do municipio de Vilar de Barrios (Ourense). O Concello de Sandiás estivo representado polo seu alcalde, Felipe Traveso, a concelleira de Economía e Medio Ambiente, María José Manso e varios veciños que traballan no sector agrícola. Sandiás coa súa presenza en Medina del Campo quere demostrar a súa estreita vinculación co mundo rural e agroalimentario.
Durante a asemblea ordinaria abordouse a situación actual do sector cunha posta en común de retos e oportunidades, as accións que a asociación vén desenvolvendo en materia de promoción, cooperación institucional e apoio aos agricultores. Dita asemblea enmarcouse dentro dunha xornada especial que incluíu tamén a Gala dos Premios da Pataca, organizada pola Revista Campo especializada no sector coa colaboración do Concello de Medina del Campo, e que serviu para recoñecer o labor innovador de agricultores, municipios e entidades vinculadas a este cultivo estratéxico para o desenvolvemento rural.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A Asociación de Pobos Produtores de Pataca está integrada por concellos cunha destacada vinculación histórica e económica ao cultivo da pataca e as súas pretensións son defender os intereses do devandito sector e promover o desenvolvemento rural dos territorios agrícolas.
















