A programación do ‘Festival Máxico San Juan Bosco’ do Carballiño abrirase mañá, venres día 30, ás 19,00 horas, cunha misa solemne no templo da Veracruz na honra do patrón dos magos e ilusionistas. E para as 20,30 horas está previsto o comezo da gala de apertura do evento no Café Bar Lérida, ubicado na praza Irmáns Prieto, que contará coa participación de Magaldara e os magos Alvart e Albert.
A xornada do sábado, 31 de xaneiro, terá o seu punto de partida ás 16,30 horas no Hotel O’Xardín, cun obradoiro de maxia infantil a cargo dos magos Chirleta e Ninou, para o que é preciso inscribirse previamente no teléfono 607.248.799 e abonar unha cuota de 15 euros. De seguido, celebrarase na mesma ubicación unha gala familiar co Mago Chirleta, Abel El Mago e Mago Ninou. As actividades rematarán no Café Bar Casino coa ‘Gala Máxica’, con O Gran Mago, Guto e Aris Villarino.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Os magos asistentes participarán o domingo, día 1 de febreiro, nunha conferencia a cargo do estadounidense Donald Lehn sobre “Maxia na rúa”, no Hotel O’Xardín, ás 11,00 horas, e despois celebrarán un xantar de confraternidade. A programación pecharase ás 18,00 horas no Auditorio Manuel María coa gala de clausura, con entrada de balde, na que se ofrecerá un espectáculo de Mago Cris, O Mago da Boina e Nami e Malo Malísimo e na que actuará como presentador David Méndez.
















