Os Parrandas do Irixo gañan o primeiro premio no concurso de comparsas do Concello de Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A agrupación Os Parrandas do Irixo resultou gañadora do primeiro premio no concurso de comparsas e carrozas do ‘Entroido 2026’ organizado polo Concello de Ourense, e no que participaron un total de 41 colectivos de toda a provincia que desfilaron na tarde de onte polas rúas máis céntricas da cidade.

Cun argumento profundamento ecoloxista e reivindicativo na defensa do medio natural, as veciñas e veciños de Os Parrandas apostaron neste Entroido por disfraces de abellas e unha carroza chea de panais, cunha excelente posta en escea que lles fixo acredores do triunfo absoluto en Ourense e un premio de 1.500 euros.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Outras agrupacións do municipio e da comarca carballiñesa tampouco saíron de baleiro do certame, xa que os “Guardianes del Fuego”, da Asociación Cultural Os Arrieiros de Dacón leváronse o terceiro premio, dotado con 800 euros, mentres a Asociación Cultural Os Azucarados, de Maside, e “De Safari”, da parroquia carballiñesa de Partovia, tamén foron galardoadas co cuarto, de 500 euros, compartido coas comparsas Poker Premiun e Rollinds.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------