O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiu este xoves ao acto de toma de posesión da Valedora do Pobo, María Dolores Fernández, no Parlamento de Galicia.
A institución galega inicia un novo mandato tras ser referendada polo Parlamento, co aval de duplicar as queixas atendidas e multiplicado as resolucións na súa primeira etapa.
A maxistrada María Dolores Fernández Galiño tomou posesión este xoves en Santiago de Compostela como Valedora do Pobo, iniciando así o seu segundo mandato á fronte da institución encargada de defender os dereitos fundamentais dos cidadáns galegos. No acto, celebrado na sede do Parlamento de Galicia, Fernández Galiño asegurou que afronta esta nova etapa “con ilusión, compromiso e responsabilidade”, e subliñou que a “prudencia” e o “sentidiño” seguirán sendo os seus principais guías.

Durante a súa intervención, a Valedora fixo un chamamento á proximidade coa cidadanía, afirmando que o seu obxectivo é traballar “sempre coa idea de non deixar a ninguén atrás” e coa vontade de “estar máis preto, de responder máis e mellor ás preocupacións reais da xente”. Así mesmo, puxo en valor as liñas de actuación que marcaron o seu primeiros seis anos de xestión e que continuarán sendo prioritarias. Neste sentido, destacou o papel da institución contra o acoso “moral, laboral e escolar; contra as formas contemporáneas de escravitude e contra todas as formas de discriminación”, incidindo especialmente na protección de “as persoas vulnerables ou en risco de exclusión”. Fernández Galiño tamén reiterou o seu compromiso co feminismo como un dos piares do seu labor, “incluíndo a loita contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións”.
O acto contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, quen interveu para reivindicar o papel da Valedora do Pobo como unha institución “xa imprescindible”. Santalices eloxiou a “traxectoria avalada por moitos anos de servizo público na procura do ben común” de Fernández Galiño e defendeu a necesidade de contar con “institucións fortes e comprometidas” para responder as demandas da sociedade.

A continuidade de Fernández Galiño foi referendada polo Parlamento de Galicia o pasado 10 de febreiro, nunha votación que contou co apoio do PP e do BNG, mentres que o PSOE optou pola abstención. O seu novo mandato susténtase na xestión realizada desde 2019, cando foi designada por primeira vez. Neste período, segundo destacou a propia Valedora, “duplicouse o número de queixas e multiplicouse o número de resolucións”, un traballo que considera o “aval” que xustifica a súa continuidade e que, grazas á colaboración das administracións, “repercutiu na cidadanía galega, dando sentido e significado á institución”.
Os datos presentados durante a toma de posesión reflicten a intensa actividade do alto comisionado. Ao longo do ano 2025, a Valedora do Pobo abordou máis de 5.500 asuntos, dos cales máis do *80% obtiveron unha resposta positiva. Segundo o último informe anual dispoñible, correspondente a 2024, 24.523 persoas dirixíronse á institución para presentar reclamacións ou pedir asesoramento ante conflitos coa administración. Os principais motivos de queixa ese ano foron a sanidade (con 1.086 asuntos, o 26,4% do total), a inclusión social, a educación, os servizos municipais e o emprego público.

Traxectoria da nova Valedora
María Dolores Fernández Galiño, nacida en Carballiño en 1963, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e ingresou na carreira xudicial en 1989. Tras pasar por distintos xulgados, foi maxistrada da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña desde 2001. Un dos fitos máis destacados da súa carreira profesional foi a súa participación como membro do tribunal que axuizou a catástrofe do Prestige en 2012, un caso de gran relevancia social e mediática en Galicia. Cunha especialización en Dereito Civil de Galicia, o seu perfil combina unha sólida traxectoria xudicial cun profundo coñecemento da realidade social galega.
DISCURSO DE TOMA DE POSESIÓN:
AUDIO:
TEXTO:
Presidente da Xunta, Presidente do Parlamento, Delegado do Goberno, Xeneral Xefe de Apoio a Manobra, Conselleiro e Conselleira da Xunta de Galicia, Expresidente do Parlamento de Galicia, Presidente do Tribunal Superior de Xustiza, Fiscala Superior, ExValedora do Pobo, Portavoces, Deputados, Deputadas, Senadores, Senadoras e Parlamentarios, Conselleiro Maior de Contas, Presidenta do Consello da Cultura, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Presidente do Consello Económico-Social, Xefe Superior de Policía de Galicia, Rectores das Universidades da Coruña e Vigo, Representantes das Organizacións Empresariales e Sindicatos, Representantes de Medios de Comunicación, Autoridades e Representacións, Representación da Deputación de Ourense, Persoas Representantes das Entidades do Terceiro Sector de Acción Social, Familias, Amigos, Traballadores da Valedora do Pobo, Permitideme, Carballiñeses, Carballiñesas, moitas grazas por estar hoxe aquí.
E para min unha honra comparecer no Parlamento de Galicia para tomar posesión e renovar o mandato como Valedora do Pobo, pois ningún logro profesional podería satisfacerme máis. No ano 2019 recibín a confianza do Parlamento de Galicia, do que a Valedora do Pobo é comisionada. A bagaxe para responder a esa confianza sustentábase en dous viais, por un lado á miña carreira como xuíza e maxistrada durante case 30 anos tendo durante ese tempo garantida por lei á miña independencia.
Por outro, o meu compromiso cun decálogo, facendo do feminismo a sinal de identidade da institución e incluíndo a loita contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións, contra o acoso moral, laboral e escolar, contra as formas contemporáneas de escravitude, contra todas as formas de discriminación. Atender ás persoas vulnerables ou en risco de exclusión, promover os dereitos dixitais, o dereito fundamental a institucións fortes e sólidas e o dereito a medioambiente e a sustentabilidade. Tamén manifiestei o meu compromiso coa lingua galega, a nosa lingua. Compre que entre todas e todos lle inxertemos novos alentos de vida, en palabras de Losada Diéguez. Eses enxertos farán que o galego teña, como queria Cunqueiro, mil primaveras máis. Se no ano 2019 ofrecin á miña profesionalidade e o meu compromiso polos dereitos humanos e ca lingua, agora tamén ofrezo o desenvolvemento da institución durante os últimos seis anos.
A actividade da institución durante este tempo foi intensa. Desde o ano 2019 ata o ano 2025 duplicouse o número de queixas e multiplicouse por sete o número de resolucións. E grazas á colaboración das Administracións Públicas iso repercutiu na cidadanía galega dando sentido e significado á institución.
Asemade promovemos espazos de encontro e diálogo cas entidades do terceiro sector de acción social. Tratamos, en definitiva, de estar máis preto, de responder máis e mellor ás preocupacións reais da xente. O contexto foi ás veces moi difícil, coa pandemia, coas guerras de Ucraína e Gaza e co desequilibrio na orde internacional.
Circunstancias estas e outras que repercuten na vida das galegas e os galegos. En particular sobre as persoas máis vulnerables. O labor da institución dirixíuse sempre coa idea de non deixar a ninguén atrás. E con esa idea, nos informes presentados a este Parlamento, fixemos fincapé no enfoque de dereitos humanos vinculado co desenvolvemento do decalogo, os dereitos das persoas maiores, as persoas con diversidade funcional, as vítimas de discriminación interseccional ou as persoas en risco de pobreza e exclusión.
O Parlamento de Galicia deposita de novo a confianza na miña persoa, agora, por todo ese labor. María Victoria Moreno escribiu que as persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos. Poucos proxectos, imaxino, máis fermosos que o traballo como Valedora do Pobo, a prol da cidadanía galega e a mellora das institucións colectivas.
Por iso, este día é para min, sobre todo, un día de agradecementos. Agradecemento a confianza que depositou en min o Parlamento de Galicia, que me propuxo e me avalou fai seis anos, e agora agradezo, aínda máis, que me propoña e avale para esta renovación. Non hai mellor recoñecemento para o labor levado a cabo. Agradecemento ás persoas que me apoiaron máis directamente no camiño desta renovación.Agradecemento pola colaboración que, durante todo o mandato, prestaron as Administracións Públicas de Galicia, que responderon, maiormente, de xeito positivo, ás nosas peticións de informes e as resolucións das que son destinatarias, e sempre con respecto e lealdade institucional. Agradecemento pola colaboración das Organizacións do Terceiro Sector de Acción Social, moitas hoxe aquí representadas, que nos acercaron ás persoas que, por mor da súa vulnerabilidade, fican nas marxes.
Agardo que, ao longo deste tempo, sentisen que a nosa voz e o noso espazo son tamén seus. Agradezo o traballo das persoas do equipo que me acompañou na institución, porque deron o mellor de si para afrontar un traballo crecente, sempre tentando mellorar en contextos, ás veces, non fáciles. Traballamos en rede e con rede.
Estar hoxe aquí é un mérito colectivo. En particular, quero manifestarlle a miña gratitude a Maria Xosé Porteiro, a Adxunta, coa que compartín anos de entendemento e solidariedade. Agradecemento á miña familia. Somos ananos, a lomos de xigantes, e esto e asi no meu caso. Meus nosos avós e meus pais traballaron a reo para que eu hoxe estea aquí. Ao meu compañeiro de vida, Fernando. Aos nosos fillos, Fernando e Fátima. Xuntos, medramos en cariño e coidados en afectos. Familia, que para nosa ledicia segue crecendo.
E sobre todo, agradecemento ao pobo de Galicia. Un pobo que Castelao describía como unha multitude infinda de luciñas. Elas, dicía, son o pobo que nunca nos traizonou, son a enerxía colectiva que nunca perece, son, en fin, a espranza certa que nunca se cansa.
Esta multitude de luciñas representa o que fomos, o que somos e o que seremos sempre. Quedo para sempre en débeda con todas estas persoas e institucións, e sobre todo co Pobo Galego. Unha débeda que, ao renovar, comprometemo a pagar día a día, traballando con ilusión, con compromiso e responsabilidade.
Meu pai, cando empecei a traballar como xuiza, só me diu un consello, que actuase con prudencia. Tamén a prudencia o sentidiño acompañaranme neste novo mandato. Un novo mandato que me gustaría abrir mirando cara adiante e con esperanza.
Porque, como dicía Begoña Camaño, é tempo do feminismo dá xustiza, dá igualdade, dá liberdade, dá dignidade e, porque non, dá felicidade. Moitas grazas.

















