A Consello da Xunta aprobou onte este invetimento
NOTA INFORMATIVA DO CONSELLO:
Nesta intervención, que suporá un investimento total que roldará os 470.000 euros, a Xunta achegará o 70% do orzamento, contratará e executará as obras.
― Proxectase a repavimentación da rúa principal do lugar de Ventosela, incluíndo a revisión dos servizos urbanísticos e o soterramento das redes aéreas
― Esta actuación forma parte do Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade
― O Goberno galego segue traballando cos concellos no impulso de accións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio
O Goberno galego destinará preto de 330.000 euros á execución das obras de embelecemento do núcleo rural de Ventosela, no concello de Ribadavia. Así se deu conta hoxe no Consello da Xunta, en que se autorizou a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello ourensá e a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.
Para levar a cabo esta intervención, que suporá un investimento total de 468.470,92 euros, a Xunta achegará o 70% do orzamento desta intervención, con preto de 330.000 euros, contratará e executará as obras.
Pola súa banda, o Concello de Ribadavia asumirá o 30% restante do custo das obras, algo máis de 140.000 euros, así como a redacción do proxecto das obras, a realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e incorporar ao patrimonio público municipal as actuacións que se leven a cabo.
A través deste convenio, ao abeiro do chamado Plan Hurbe impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas, proxéctase actuar no ámbito da rúa principal do lugar da Ventosela, de 1.550 m2, afectando o camiño principal que atravesa o devandito núcleo do municipio ourensá, ata chegar á estrada nacional N-120.
En concreto, a intervención consistirá na repavimentación desta rúa principal do lugar de Ventosela, incluíndo a revisión dos servizos urbanísticos e o soterramento das redes aéreas.
O convenio autorizado hoxe polo Executivo autonómico, que permitirá acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as actuacións, producirá efectos a partirda data da súa sinatura.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Estas actuacións en Ribadavia enmárcanse na continuada colaboración entre a Xunta e as entidades locais para a execución de obras e outras actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.
Ademais, a través de distintas medidas e de liñas de colaboración como o Plan Hurbe, o Goberno galego contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade como motores de dinamización, ao se converteren en puntos de localización dun importante número de servizos públicos e privados que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.


















