Cine Club Carballiño proxectará mañá, venres, 27 de febreiro, a película española “Jone, a veces”, debut na longametraxe de Sara Fantova, que obtivo unha mención especial do Xurado no pasado Festival de Málaga, onde destacou como unha das novas promesas a seguir no panorama cinematográfico nacional.
Un filme fresco, libre e cheo de autenticidade, cun argumento que arranca en Bilbao, en pleno agosto. Jone, 20 anos, vive co seu pai e a súa irmá pequena, Marta. Aitor, o seu pai, tivo que deixar o seu traballo debido ao Parkinson. Empezan as festas da semana grande de Bilbao, nas que Jone namorará por primeira vez. Durante este verán, vivirá entre a sensación de inmortalidade que transita con Olga, a chica da que namora, e o medo a quedarse soa debido á enfermidade do seu pai.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Os dous pases, tanto o das 20,00 como o das 22,30 horas serán en castelán, coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño.
E nesta fin de semana, a programación de Cine Club é dobre, xa que inauguran, o vindeiro domingo, 1 de marzo, as sesións da ‘Filmoteca’ coa primeira daas películas do ciclo de homenaxe a David Lynch, “Blue velvet” (Veludo azul), de 1986, e que o consagrou como director, xa que foi nominado ao Oscar a mellor dirección.
O filme parte de que unha mañá, Jeffrey Beaumont (Kyle MacLachlan), despois de visitar ao seu pai no hospital, encontra entre uns arbustos unha orella humana. Gárdaa nunha bolsa de papel e a leva á comisaría de policía, onde o atende o detective Williams (George Dickerson), que é viciño seu. Comenza así unha misteriosa intriga que desvelará estraños sucesos acontecidos na pequena localidade de Carolina do Norte.
Desta película haberá un único pase o domingo no Auditorio do Carballiño, ás 19,00 horas en versión dobrada ao castelán, e o prezo das entradas será de 3 euros, como todas as da programación de Filmoteca.

















