O ‘Rali do Lacón Históricos’ cita este sábado a 60 equipos para percorrer 150 km polo Carballiño e O Ribeiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A escudería Clásicos Arenteiro organiza este vindeiro sábado, 14 de marzo, unha nova edición do ‘Rali do Lacón Históricos’ coa colaboración dos Concellos do Carballiño, Boborás, Carballeda de Avia, Leiro e Maside. A presentación do evento tivo lugar hoxe na Praza Maior da vila do Arenteiro, coa presenza dos concelleiros de Deportes do Carballiño e Boborás, José Castro e Daniel Caíña, que estiveron acompañados por integrantes do club organizador, entre eles Santiago Ruibal, coordenador desta proba.

Unha competición “na que figuran 60 vehículos inscritos, unha cifra superior á do ano pasado, e que suman un total de 120 persoas participantes, que percorrerán un trazado de aproximadamente 150 quilómetros por estradas e pistas dos devanditos cinco municipios”, detallou Santiago Ruibal.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


“Convidamos á veciñanza do Carballiño e doutros concellos a achegarse á Veracruz para desfrutar da calidade dos coches”, apuntou José Castro, tamén alcalde en funcións, na presentación do evento. “Este tipo de eventos permiten dinamizar o noso municipio”, resaltou.

O programa dará comenzo este sábado, ao fío das 12,00 horas, coas verificacións técnicas que se levarán a cabo na praza da Veracruz, previas á saída do primeiro vehículos proba, prevista para as 15,30 horas. Os equipos farán unha parada para descansar no bar das piscinas municipais de Boborás antes de continuar o seu percorrido ata a meta.

Entre os turismos que compiten neste ‘Rali do Lacón Históricos’ destaca como vehículos máis antigo un Mini do ano 1968.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------