As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesario un corte de calzada no ramal de Maside a partir deste luns

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52, en sentido Ourense, farán necesarias novas afeccións ao tráfico a partir deste luns, 23 de marzo.

Para seguir avanzando nestes traballos, nos que se executará a segunda fase da pila 1 do viaduto, será preciso o corte da calzada dereita entre o ramal de Maside (AG-54) e a A-52, con desvío do tráfico pola estrada N-541. O corte se prevé comezar este vindeiro luns ás 8,00 h e manterase ata as 13,00 h do venres, día 27.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Durante a execución das obras, dispoñerase da sinalización oportuna para orientar aos usuarios da vía a través do itinerario alternativo indicado.

Este novo contrato da Xunta enmárcase no programa pioneiro da Xunta de inspección das vías e das obras de paso, para preservar a seguridade dos usuarios das infraestruturas viarias e alongar a vida útil con accións de conservación preventiva.

Tramo cortado: https://maps.app.goo.gl/iC2LoMrVU9EXUyAL7

Percorridos alternativos:

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------