O pregón de Xosé Ramón Gayoso inaugurou os actos da Semana Santa no Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O templo da Veracruz acolleu esta mañá a inauguración do programa litúrxico e cultural da Semana Santa do Carballiño, que dende hai 17 anos organiza a Cofradía de La Vera Cruz coa colaboración da Parroquia de San Cibrao e o Concello do Carballiño. Unhas xornadas que dende esta mesma edición contan coa declaración de Interese Turístico de Galicia.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O acto consistíu nunha misa solemne oficiada polo párroco, Luis Jorge, e que foi cantada pola Coral de Ruada de Ourense, e á que asistiu numeroso público, entre o que se atopaban autoridades locais, provinciais e autonómicas.

Unha vez rematado o oficio, o cofrade maior de La Vera Cruz, Rafael Melero, lembrou a traxectoria da Cofradía e presentou ao pregoeiro, o recoñecido e veterano presentador da Televisión de Galicia, Xosé Ramón Gayoso, que declarou aberta a Semana Santa carballiñesa.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------