A convocatoria do ‘Premio Abrente’ abre o almanaque da MIT de Ribadavia, que se celebrará do 17 ao 25 de xullo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) celebra o Día Mundial do Teatro co anuncio das datas da súa 42ª edición, que terá lugar do 17 ao 25 de xullo de 2026, cun total de nove días de programación. Baixo a dirección artística de Sabela Mendoza e Gena Baamonde, a MIT volverá converter a vila de Ribadavia nun epicentro das artes escénicas contemporáneas.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Durante nove xornadas, a Mostra encherá de teatro e creación escénica os principais espazos da vila, cunha programación galega, estatal e internacional que ocupará escenarios emblemáticos como o Auditorio do Castelo, a Igrexa da Madalena e a Casa da Cultura, ademais de estenderse por rúas, prazas e recunchos de Ribadavia.

Os primeiros nomes da programación desta 42ª edición daranse a coñecer no vindeiro mes de abril por parte da dirección artística, que continúa na súa aposta por fortalecer a Mostra como festival histórico do panorama cultural galego e como evento de referencia para as artes escénicas contemporáneas:


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


“A MIT é unha cita de verán imprescindible para moita xente, e traballamos para que así siga sendo. Interésanos ese espazo de celebración da cultura que representa a Mostra, pero tamén a súa capacidade de mobilización alegre, de encontro e reflexión social, especialmente nos tempos complexos e revoltos que vivimos. A MIT é a mesma e é diferente cada ano: quedamos onde sempre para volver imaxinar e para abrir novos mundos. Regresar á Mostra é manter o hábito do extraordinario, a costume de sorprendernos. Este 2026 imos inspirarnos nesta idea da cita: na alegría e no compromiso que se encenden cando acordamos que “temos unha cita”. Que nos move a encontrarnos?  Que ecos permanecen despois? En tempos escuros, a arte segue sendo un refuxio colectivo para o posible.” 

Aberta a convocatoria do 21º Premio Abrente de Textos Teatrais

Coincidindo con este anuncio, a MIT fai pública a convocatoria do 21º Premio Abrente de Textos Teatrais 2026, un certame consolidado que ten como principal obxectivo incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega, en continuidade coa histórica tradición teatral impulsada pola Agrupación Cultural Abrente. O premio está dotado con 4.000 euros, ademais da edición e publicación da obra gañadora, que pasará a formar parte da Colección Premio Abrente.

Poderán participar autoras e autores de calquera nacionalidade con obras orixinais, inéditas e escritas en galego. O prazo de recepción de orixinais permanecerá aberto ata o 15 de xuño de 2026, e o fallo do xurado darase a coñecer no mes de xullo, no marco da propia MIT. As bases completas da convocatoria poden consultarse na páxina web oficial da Mostra.

Como novidade desta edición, a MIT inicia unha nova etapa na Colección Premio Abrente de Textos Teatrais, cun renovado deseño editorial a cargo da editorial AIRA (Allariz). Esta nova liña de publicaciós erá presentada durante a celebración da Mostra coa participación de Isa Fernández, gañadora do Premio Abrente 2025 co texto O miradoiro, nun acto que servirá tamén para poñer en valor o papel da dramaturxia galega contemporánea.

Promovida polo Concello de Ribadavia, a MIT conta un ano máis co apoio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Cultura e a Deputación de Ourense, entre outras entidades e patrocinadores habituais, ás que este ano se une AC/E Acción Cultural Española a través do programa PICE.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------