O Centro Sociocomunitario amplía as actividades de abril con obradoiros de costura e decoración de cerámica

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende o Centro Sociocomunitario do Carballiño veñen de informar da ampliación da programación de actividades para este mes de abril coa organización de dous obradoiros especiais con motivo do Día da Nai. “Estas actividades buscan ofrecer un espazo de creatividade e aprendizaxe manual, apostando por agasallos con valor artesanal e sostible”, apuntan dende a dirección.

A primeira proposta consiste nun obradoiro de costura creativa, no que se confeccionará un kit ecolóxico e reutilizable de desmaquillaxe. As sesións terán lugar durante as tardes dos días 23 e 24 de abril. A segunda, nun obradoiro de decoración de xerras de cerámica, que se impartirá o vindeiro 27 de abril, tamén en horario de tarde. Ambos obradoiros darán comezo ás 17,00 horas.

E como xa é habitual nestas actividades, as prazas son limitadas, e por elo todas as persoas interesadas en participar deberán realizar a súa inscrición de xeito presencial hoxe pola tarde nas oficinas do Centro Sociocomunitario.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------