Cine Club Carballiño abrirá a súa programación do mes de maio o vindeiro día 8 coa proxección dunha das grandes película da tempada, a brasileira “O agente secreto”, dirixida por Kleber Mendoça Filho, e gañadora dos premios á mellor dirección, actor e FIPRESCI no Festival de Cannes, ademais de dous Globos de Ouro e ser declarada como mellor film extranxeiro polos Círculos de Críticos de New York e Los Angeles, entre outros galardóns que a avalan como unha das mellores película de ano.
O programa continuará xa os días 22, 23 e 24 de maio cun ciclo da ‘Filmoteca’, onde Cine Club combinará dúas estreas recentes, “Un poeta” e “Manas”, coa recuperación dun clasico arxentino protagonizado por Ricardo Darín, “Nueve reinas”, do que se cumplen 25 anos dende a súa estrea.
E a entidade carballiñesa pechará a tempada o 29 de maio con outra gran película, “Tres adioses”, último film de Isabel Coixet, éxito de público e crítica non só no noso país senón tamen fora das nosas fronteiras.
















