O Concello do Carballiño adica un mural a Begoña Caamaño para festexar o Día das Letras Galegas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A área de Educación do Concello do Carballiño conmemora o 18 de maio o Día das Letras Galegas, adicado este 2026 á xornalista e escritora Begoña Caamaño, cunha intensa xornada que combina literatura e arte urbana. “Toda a poboación está convidada a participar e desfrutar das actividades”, sinala Lorena Castro, concelleira de Educación.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xornada comezará coa presentación do libro “Poden pensar as máquinas?”, do autor galego Senén Barro. O acto terá lugar no Auditorio Municipal Manuel María a partir das 11,00 horas e está aberto a público xeral. Barro, doutor en Física, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico de CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela), reflexionará sobre a orixe da Intelixencia Artificial, as súas semellanzas co cerebro e o horizonte de mellora desta tecnoloxía tan utilizada hoxe en día. “Senén Barro é unha eminencia no estudo da Intelixencia Artificial, polo que vai ser un encontro moi interesante”, destaca Castro. O autor estará acompañado de Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora, e de Reme Forneiro, de Ozoco.

A continuación, levarase a cabo a presentación do novo mural conmemorativo das Letras Galegas na entrada do Conservatorio de Música do Carballiño. O deseño, elaborado por Ozocogz, rende homenaxe á xornalista e escritora Begoña Caamaño. “Queremos que a veciñanza coñeza á protagonista das Letras Galegas deste ano. Trátase dun mural realizado con moito agarimo”, apunta a concelleira de Educación.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------