Detidos dous veciños do Carballiño pola posesión e cultivo de sementes de cannabis para a producción de marihuana

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Garda Civil do Carballiño detivo a dous veciños do municipio como presuntos autores dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de cultivo e elaboración de sustancias estupefacientes. Con autorización do Xulgado de Instancia da vila do Arenteiro, os axentes levaron a cabo a entrada e rexistro da vivenda dos detidos, onde interviron varias ducias de botes de sementes de cannabis, suficientes para unha produción anual de entre 125 e 150 quilogramos de marihuana, ademais de útiles para o envasado e pesaxe de drogas.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Asimesmo, incautaron un total de 463 macetas distribuídas en dous invernadoiros interiores que estaban dotados cun sistema de ventilación e riego autónomo. Os axentes tamén detectaron que os detidos tiñan enganchada ilegalmente a conexión ao fluído eléctrico.

Estas detencións realizadas pola Garda Civil veñen unirse ás efectuadas nos pasados meses de marzo e abril do presente ano, todas elas vencelladas á venda e distribución de drogas no Carballiño.

Así, tras unha operación iniciada en febreiro, os axentes detiveron a un veciño do Carballiño e a incautación de 18 pastillas de MDMA (éxtase), tres doses de cocaína, catro de heroína e outras tres de cannabis, no marco da Operación MANTIS-OU. Tra-la realización de varias investigacións, a Garda Civil tamén detiveron a outro conveciño, e, unha vez efectuado un rexistro domiciliario, os axentes incautaron 40 gramos de cocaína, dúas doses de heroína, 250 euros en efectivo, varios útiles para o envasado de droga, básculas de precisión e pastillas de metadona.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Ademais, a Benemérita tamén desarticulaba un punto de venta de droga ao míudo nun inmoble ocupado na vila do Arenteiro. Nesta operación, os axentes procederon á detención do ocupante da vivenda como presunto autor dun delito contra a saúde pública, e tamén incautaron 18 pílulas de MDMA (éxtase), tres doses de cocaína, tres doses de cannabis e catro doses de heroína, ademais de diversos aparellos para a preparación e envasado da droga.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------