A Deputación e Telefónica desenvolven un modelo de xestión turística intelixente para a provincia “Ourense Cerca de Ti”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O obxectivo é impulsar a competitividade da provincia como destino turístico, ofrecendo experiencias personalizadas máis completas e accesibles e optimizando o uso dos recursos

O director de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Marcos Valiño, presentou os detalles deste proxecto no marco do congreso Digital Tourist 2026, onde incidiu en como se pretende converter a Ourense nun destino turístico intelixente aplicando as últimas tecnoloxías

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Permitirá situar a Ourense como un referente de innovación turística, plenamente dixital, con capacidade para desestacionalizar a demanda, xerar impacto económico e fomentar o investimento

Integrará servizos comúns da Plataforma Intelixente de Destinos (PDI) e desenvolverá casos de uso específico sobre turismo termal, o Camiño de Santiago e ferramentas dixitais para museos

Ourense, 8 de maio de 2026.

A Deputación de Ourense e Telefónica avanzan no proxecto “Ourense Cerca de Ti” que busca situar á provincia nun destino turístico intelixente de referencia, a través de experiencias inmersivas, recursos dixitais e servizos personalizados que melloran a experiencia do visitante e resaltan o patrimonio histórico, natural e cultural da provincia.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O obxectivo é desenvolver un modelo de xestión turística conectado, sostible e centrado no visitante, que impulse a competitividade da provincia como destino turístico, optimizando os recursos públicos e ofrecendo experiencias máis completas, accesibles e adaptadas ao perfil, comportamento e preferencias do turista.

Os avances do proxecto déronse a coñecer no marco do congreso Digital Tourist 2026, celebrado en  Benidorm pola patronal da industria dixital española AMETIC, durante unha xornada na que participou o director de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Marcos Valiño.

Na súa participación no Congreso, Marcos Valiño ademais de presentar a provincia de Ourense e os seus recursos turísticos, incidiu en como se pretende converter a Ourense nun destino turístico intelixente aplicando as últimas tecnoloxías e en plena sintonía coa Plataforma Intelixente de Turismo, que a nivel nacional está a desenvolver Segitur. Como exemplos, falou do caso do uso do enoturismo, do turismo termal, de visitas autónomas a museos ou da rendibilidade do Camiño de Santiago.

Posteriormente, o director da área de Transparencia da Deputación participou nunha mesa redonda dedicada á intelixencia de mobilidade e comportamento do visitante onde fixo referencia a como afronta a Deputación de Ourense aspectos clave do turismo, como a análise de fluxos turísticos, a xestión de capacidade de carga, a distribución territorial da demanda, os patróns de consumo e o comportamento e a protección de datos.

Coa posta en marcha deste proxecto, a Deputación poderá ofrecer información en tempo real, de valor e fiable, de indicadores clave para a toma de decisións e para adaptarse a contextos, anticipar a demanda e planificar os recursos turísticos como por exemplo: o nivel de ocupación, a recorrencia, a estacionalidade, os consumos xerados…

A Deputación despregará solucións avanzadas en planificación de rutas, sistemas intelixentes de acceso, aforo e trazabilidade, control de fluxos ou alertas e seguridade intelixente, o que fará posible identificar zonas con risco inminente de saturación, activar alertas automáticas ante incidencias ou monitorizar a actividade de recintos feirais.

Tamén se empregará tecnoloxía de realidade aumentada e realidade virtual para poñer en valor emprazamentos emblemáticos ou ofrecer información, así como vídeos 360º interactivos con imaxes envolventes de enclaves naturais e de gran impacto paisaxístico da provincia.

Con esta iniciativa, a provincia de Ourense dá un salto cualitativo para converterse nun destino plenamente dixital e posicionarse como un exemplo de innovación turística, altamente intelixente, con capacidade para desestacionalizar a demanda, xerar impacto económico e fomentar o investimento.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------