A Casa do Concello do Carballiño recibiu esta mañá ao alumnado do CPI Laureano Prieto da Gudiña, que visitou a exposición “En Defensa da Antártida” do Ministerio de Defensa. Os estudantes puideron coñecer a misión científica na Antártida das forzas armadas de España e ver fotografías sobre o día a día na base militar.
O alumnado, acompañado dos docentes e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, foron guiados polo historiador Juan Rodríguez, do Centro de Estudios Chamoso Lamas, nun paseo pola vila e así ter unha visión maís xeral dos aspectos históricos, arquitectónicos e dos recursos turísticos do Carballiño, que os levou ata o Museo do Papel de Galicia e o Parque Etnográfico do Arenteiro.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A mostra “En Defensa da Antártida”, exposta ata o 13 de maio na Casa Consistorial, tamén recibiu nestes días aos estudantes do Colexio Sagrado Corazón do Carballiño. O coronel e subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas-Preckler, e o teniente coronel Juan José Vázquez Moreira impartiron unha charla no centro educativo na que explicaron en profundidade a misión científica na Antártida.

















