Concha celebrou os 100 anos na residencia xeriátrica do Cornuval rodeada de familiares, compañeiros e persoal do centro asistencial

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Residencia Xeriátrica Serge Carballiño viveu hoxe unha xornada moi especial: Concha celebrou o seu cumpleanos. Pero non foi un aniversario calquera, xa que esta muller de Nogueira de Ramuín chegaba aos 100 anos de idade. E así se lle organizou unha gran festa neste centro ubicado no barrio carballiñés do Cornuval, que presta acollida e asistencia a 80 persoas non válidas.

Nunha velada vespertina, e acompañada por parte da súa familia, entre a que se atopaban fillos e netos; compañeiros de aloxamento e persoal da residencia, Concha Blanco González, soplou as velas dunha tarta e brindou cunha copa de champán, mentres soaba a sintonía de “Cumpleaños feliz”, canción coreada por todos os presentes.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Unha muller que contounos ter traballado arreo nas fincas de cultivo na aldea, alimentando e coidando “soa” dos seus fillos, ademais de asegurar sentirse na actualidade “coma unha reina”, mentres recomendaba á xuventude actual “que sexan humildes”. Según comentou un dos seus fillos, ata hai un ano vivía soa na aldea, pero véronse na obriga de trasladala ata o centro xeriátrico do Carballiño tras sufrir un ictus.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------