A música será mañá protagonista da xornada de feira co concerto das Letras Galegas e o festival “Carballiño Soa!”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Carballiño celebrará mañá a primeira feira do mes de maio e tamén acollerá dous eventos musicais, que se desenvolverán ao longo de toda a xornada de sábado: o concerto “Pre-letras galegas” organizado por Ozoco e a terceira edición do festival “Carballiño Soa!”, promovido polo Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As actividades do festival comezarán cun obradoiro de ritmo e expresión corporal, que correrá a cargo de Catherine Díaz e Miguel Moreno, da Asociación Mudarte, e que terá como aula a Pista Roxa da Praza do Emigrante dende as 11,00 horas, e, ao seu remate, os grupos realizarán un pasarrúas polo casco urbano da vila. O programa contempla tamén unha exhibición de batucada na Praza Maior, ás 18,00 horas, na que intervendrán os grupos Percucar, Batucarba, Os PerQtores, Axe Bahia e Vilatuke, finalizando a xornada ás 20,00 horas cun concerto do grupo Nizam Drummer.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A música tradicional de Galicia soará tamén mañá no Carballiño coa celebración dun concerto na véspera do 17 de Maio, no espazo cultural da libraría Ozoco. Así, e diante da súa sede na rúa Curros Enríquez, Ozoco organiza un concerto ‘pre-letrasgalegas’ dende as 12,30 horas. Neste recital está prevista a participación das agrupacións Ferriñas de Liño; a coral polifónica A Torre e o grupo de pandeireta do colexio público, ambas de Maside, e a Banda de Gaitas do Carballiño. Ademais, durante toda a xornada, “haberá unha banca de libros no exterior con descontos e agasallos e, pola tarde, dende as 18,00 horas e no mesmo espazo, María Besteiro impartirá un obradoiro de escritura creativa.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------