Expourense celebra ‘Sportur Galicia’ do 28 ao 30 de maio con actividades, exhibicións e adestramentos, e apostando polo deporte como ferramenta inclusiva

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Expourense converterase de novo esta semana nunha gran cancha polideportiva que acollerá exhibicións, torneos e campionatos dunha vintena de disciplinas deportivas. Tras a boa acollida da primeira edición especial adicada aos xogos deportivos en maio de 2025, Sportur Galicia, o IX Salón do Deporte e Turismo Activo, repite formato e celebrarase entre o 28 e o 30 de maio co obxectivo de promover o “deporte para todos”. Durante 3 días federacións, clubes e asociacións deportivos compartirán espazo en Expourense con distintas asociacións de persoas con diversidade funcional ou pertencentes a distintos colectivos sociais.

Esta edición especial de Sportur Galicia foi presentada esta mañá na delegación territorial da Xunta de Galicia nun acto no que participou o delegado territorial da Xunta e presidente do comité executivo de Expourense, Manuel Pardo; o asesor de Política Deportiva da Deputación Provincial de Ourense, Enrique Álvarez; e o coordinador de Deportes de Expourense, Emilio González.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sportur Galicia divídese así en dúas partes e celebra no mes de maio a área deportiva e práctica, deixando para o mes de decembro a súa compoñente máis profesional a través do VII Congreso Internacional de Turismo e Deporte e da área expositiva vencellada co Turismo. Congreso e exposición están previstas para o 3 e 4 de decembro de 2026.

Trátase dun evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades, ademais das familias). O obxectivo é convertirse nun escaparate para as federacións deportivas de toda a comunidade que aproveitarán a súa presenza en Sportur para promocionarse organizando distintas exhibicións, adestramentos e clases abertas para os visitantes.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O programa “XOGADE” de deporte escolar promovido dende a Secretaria Xeral para o Deporte, organizará duas xornadas adicadas a Multideporte e a Hockey e Minibalonmán. Pola súa parte, a Deputación Provincial de Ourense ofrece a posibilidade de realizar Remo Indoor (con máquinas e remo virtual a través do seu Programa de Fomento Deportivo 2026 e que neste caso correrá a cargo do Clube Náutico Castrelo de Miño. Desputaranse ademais varias “Copa Deputación” de distintos deportes.

As federacións e asociacións e clubes deportivos presentes en Sportur Galicia realizarán distintas actividades que poden consultarse en www.sporturgalicia.com. Os deportes que estarán representados nesta cita son: Bádminton; Balonmán; Ciclismo; Esgrima; Fútbol sala; Hockey; Orientación; Patinaxe roller cross; Promoción do COB; Remo Indoor; Tai-chi; Tenis Pickleball; Voleibol e Cachibol; Wushu e Xadrez.

Ademais da participación de escolares de Primaria e Secundaria de distintos centros escolares da provincia de Ourense, está confirmada a participación de membros de distintas entidades con diversidade funcional ou que representan a colectivos específicos. Participarán nesta segunda edicion de Xogos Deportivos: Fundación San Rosendo (Los Milagros e Unidade Terapéutica San Rosendo); Down Ourense; Asociación Trama; Fundación Secretariado Gitana; Centro de Menores Monteledo; Hospital Saúde Mental do Sergas; Centro de Menores da Cruz Vermella de Verin

Sportur Galicia está organizado por Expourense co apoio Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.

A entrada a Sportur Galicia é gratuíta. As novidades desta cita poden seguirse a través da súa web www.sporturgalicia.com ou dos perfiís en Facebook e Instagram. O horario de feira será o mesmo durante os tres días: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------