A Fundación Insua dos Poetas convida á XVIII Festa da Palabra, un evento que nesta edición se dedica a unha homenaxe á lírica galega medieval, con especial atención á figura de Fernan Paez de Tamalancos, que será glosado por Marina Arbor Aldea.
O programa inclúe:
- Entrega de premios da Fundación.
- Actuación musical a cargo do Grupo Trovare.
- Presentación das obras Do amor salgado, de Modesto Fraga, e Da cor da soidade. Poesía reunida, de Luís G. Tósar.
- Xantar de irmandade.
Condicións e inscricións:
- Xantar + libro de agasallo: 25 €.
- Inscrición previa a través do correo electrónico
secretaria@ainsuadospoetas.galou por teléfono no 696 89 18 53. - Tamén é posible inscribirse no propio acto.
O evento conta co apoio da Xunta de Galicia, Estrella Galicia e COREN.
ACTA PREMIOS INSUA DOS POETAS 2026
Xurado:
- Presidente: Luis González Tosar
- Secretario: Alexandre Corbillón
- Vogais: Celso Sánchez, Roberto Fernández, Pablo Rubén Eiré, Manuel Figueiras e Antón Pulido.
Reunido o Xurado Premios Insua dos Poetas 2026 o domingo 12 de xullo ás 12 horas na sede da Fundación Insua dos Poetas acordou conceder os seguintes galardóns:
- Literatura: Fina Casalderrey
Xeve, Pontevedra, 1951. Escritora e académica cunha dilatada traxectoria nas nosas letras, especialmente no mundo pedagoxía e da literatura infantil e xuvenil.
- Medio Ambiente: Sociedade Galega de Historia Natural
Fundada en 1973. Dedícase desde hai 53 anos ao estudo, divulgación e defensa do patrimonio natural galego.
- Promoción da Lingua: Clube Ciclista de Maceda
No nadal de 2004 iniciou unha nova etapa que pronto empezaría a dar froitos deportivos, sociais e culturais. Decidiu utilizar o idioma propio de Galicia como único idioma do clube nun momento no que o castelán era o idioma dominante e case que exclusivo no mundo do deporte. O club é un referente deportivo a nivel galego e estatal na especialidade de BTT e Ciclocrós, tendo recibido distincións provinciais, nacionais e estatais. Nun Campionato de España de ciclismo chegou a ser o mellor equipo da competición. Varios dos rapaces e rapazas que se formaron na súa Escola chegaron a situarse na elite de BTT e Ciclocrós non só en Galicia e Estado Español senón tamén a nivel mundial
- Promoción da Cultura: Bieto Ledo
Padroso, Xunqueira de Ambía, 1944. Editor e Promotor cultural que ten desenvolto a súa actividade principalmente ern Vigo: Ir Indo Edicións, Editorial Galaxia, Círculo Ourensán-Vigués, Fundación Premios da Crítica Galicia, … Actualmente traballa na promoción do Camiño Mozárabe-Vía da Prata e da aldea de Padroso a través da Fundación Bieto Ledo
- Galicia Exterior: Arturo Lezcano
Ferrol, 1976. Xornalista e escritor que ten colaborado con numerosos medios de comunicación de Galicia e do Mundo. Concédeselle o galardón polo seu libro “O país invisible: A epopea atlántica da diáspora galega”
- Medios de Comunicación: Praza Pública
Xornal dixital en galego editado pola Fundación Praza Pública, que comezou a súa andaina en 2012 e que destaca por unha liña editorial plural e transparente. Fomenta a información en galego e o debate público
- Música: Alfonso Medela
O Carballiño, 1974. Pianista, compositor e arreglista cunha ampla formación musical. Destaca como compositor, intérprete de jazz e como profesor de varias xeneracións de músicos. Ten recibido varios premios en Galicia, Cataluña e resto do Estado Español. Na actualidade é docente no Conservatorio Profesional do Carballiño.
Cada unha das persoas e institucións galardoadas serán agasallados cunha peza artística orixinal do escultor Acisclo Manzano que se entregarán no transcurso da celebración da XVIII edición da Festa da Palabra que terá lugar o día 18 de xullo de 2026 ás 11.30 hs. na Insua dos Poetas.


















