Comunicado de Ribeiro en Común sobre o anuncio de “fusión” do Concello de Ribadavia co de Carballeda de Avia.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Deberíamos estar en Ribadavia a falar da MIT, principal evento do ano na nosa cultura. Pero, hai quen preferiu soltar na semana que se inaugura a Mostra unha “bomba mediática”.

Reiteramos que as formas non son serias. Non entendemos as presas nin as formas.


Nun asunto tan serio, o rigor debe prevalecer aos anuncios alegres e lixeiros.


Sorprende, ademais das malas formas, a escaseza e limitación da proposta.

1.-Consideramos que a unidade que lle fai falta ao Ribeiro é maior e debe conter unha verdadeira inclusión de máis concellos.

Unha suposta “fusión” que aspira a conseguir un novo concello de pouco máis de 6 mil habitantes (arredor de 4.850 + 1.150).

2.-Sorprende a escasa capacidade do líder do PP de Ribadavia de non ser capaz de sumar a ningún alcalde do seu partido na comarca, a inmensa maioría, e terse que conformar co único beneplácito do “ecléctico” Luís Milia.

3.- Ribeiro en Común considera que a súa Moción, aprobada, de unidade municipalista no Ribeiro e de unidade da maioría dos concellos da comarca, queda desvirtuada co limitado e escaso anuncio de dous concellos unicamente.

Solicitamos que se abra a proposta a todos os concellos do Ribeiro limítrofes co noso: Beade, Melón, Arnoia, Castrelo, e Cenlle, ademais de Leiro, Cortegada e Avión, que sen selo son tamén ribeiráns.

4.- Pedimos transparencia, luz e taquígrafos.

Pedimos que se comece o proceso desde abaixo, cos informes técnicos necesarios, e coa consulta e acompañamento dos veciños e veciñas de ambos concellos.

Solicitamos que, aínda que se comece o proceso agora, se deixe a “fusión” para despois das próximas eleccións, xa que facelo a 9 meses de unhas eleccións parécenos improcedente e pouco transparente.

5.- O proceso debe ser democrático e participativo, por iso pedimos que neste proceso se realice unha consulta cidadá a todos os veciños e veciñas de ambos municipios.

Nunca debe ser imposta, senón voluntaria, e esta é a mellor maneira de garantilo.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Cando Ribeiro en Común presentamos esta Moción de unión de municipios, e foi aprobada polo Pleno, fixémolo cunha clara intención de mellorar o financiamento municipal a través da cooperación entre concellos do Ribeiro buscando a mellora común.

Se non se fan ben as cousas, unha boa proposta como é a unidade do Ribeiro pode acabar convertida nun sucedáneo do que realmente necesita o Ribeiro e Ribadavia. Agardamos que non sexa así, e impere o rigor e a seriedade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------