A concelleira non adscrita Sofía García reclama ao Concello do Carballiño unha política integral de conciliación, xa que, apunta, “Un ano despois, as necesidades das familias seguen aí”, e por elo leva á sesión plenaria que reunirá mañá á Corporación Municipal “unha proposta que abrangue infancia, mocidade, persoas maiores e coidados”.
“Un ano despois, temos que volver falar de conciliación porque as necesidades das familias continúan existindo e as respostas seguen sen estar á altura do que precisa o noso concello”. Con esta premisa, a concelleira non adscrita Sofía García defenderá no pleno ordinario unha nova moción para impulsar unha política municipal integral de conciliación e coidados no Carballiño.
Sofía García xa presentara en xuño de 2025 unhainiciativa na que reclamaba medidas para facilitar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Naquel momento propoñía, entre outras cuestións, ampliar os servizos públicos para a infancia, avanzar cara a un centro de día público, crear espazos para a mocidade e elaborar un Plan Municipal de Conciliación. Agora, un ano máis tarde, considera necesario volver poñer esta cuestión sobre a mesa e ampliar o enfoque.
“Conciliar non é simplemente ter un lugar onde deixar os nenos e nenas mentres traballamos. Conciliar é poder traballar e coidar dos nosos fillose fillas, acompañar aos nosos maiores e garantir que a mocidade teña espazos, actividades ealternativas de ocio seguras”, explica. A concelleira aposta por situar os coidados no centro das políticas públicas municipais, entendendo que infancia, mocidade, maiores e persoas coidadoras forman parte dunha mesma realidade social e non poden ser abordados como problemas independentes.
Sofía García defende que o Concello debe avanzar cara a unha política estable, planificada e participada, fronte á resposta baseada unicamenteen actuacións puntuais. “Non se trata de facer máis actividades de maneiraillada. Trátase de construír unha política municipal de coidados que responda ás necesidades das persoas ao longo das distintas etapas da vida”, conclúe.


















