A Xunta anima aos maiores á participar nos programas e actividades de Nadal para desfrutar estas festas en compañía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O director xeral Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá a residencia de maiores da Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos en Ribadavia. Durante o encontro, animou aos residentes a participar nas actividades e programas de Nadal para desfrutar destas datas en compañía. Así, Antón Acevedo anunciou que un ano máis este centro formará parte do programa Ningún maior só polo Nadal que promove o Grupo Social Acolle en colaboración coa Xunta de Galicia. Esta iniciativa desenvólvese en máis dunha decena de centros residenciais de toda a comunidade. Nesta liña, sinalou que o programa está destinado a persoas de máis de 65 anos que desexen celebrar o xantar de Nadal en compañía.

Deste xeito, as persoas participantes poderán acudir a calquera dos centros participantes e celebrar esta festa co resto de maiores e persoal dos centros. Ademais do xantar poderán desfrutar dunha xornada de convivencia que fomente a súa relación interpersoal e realizar actividades en grupo. Esta programación ten como obxectivo evitar a soidade non desexada, especialmente nestas datas.

Ademais, Antón Acevedo lembrou que a Xunta de Galicia puxo en marcha un ano máis o seu programa Xuntos polo Nadal que permitirá a 270 maiores pasar estas festas nunha das residencias de Tempo Libre que o Executivo galego ten no Carballiño e Panxón. Así mesmo, sinalou que os participante desfrutarán dunha estadía completa que conta con actividades grupais cada día.