A nova tempada 2026-2027 de Cine Club Carballiño ábrese na tarde e noite de hoxe, venres 25 de setembro, coa proxección da película francesa “A copia perfecta”, éxito de público no seu país con máis de un millón de espectadores.
París, na posguerra. Jan Bojarski, un refuxiado polaco, é coñecido no submundo coma o “Cézanne da falsificación”. Durante 15 anos mantivo unha dobre vida impecable: mentres a súa familia fai vida normal na casa, el fabrica nun alpendre billetes dunha precisión tal que logran burlar os controis do banco de Francia. Esa mestría convérteo na obsesión do comisario Mattei, iniciando unha cacería humana que, para ambos, deixará de ser unha cuestión de lei para converterse nun duelo persoal.
Os pases para o visionado deste filme serán ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS, no Auditorio Manuel María do Carballiño.


















