A Asociación Provincial de Empresarios de Autoescolas de Ourense invita os medios de comunicación a asistir ao acto institucional central da súa Festa Provincial de Autoescolas 2026, que terá lugar o venres, 2 de outubro, en Restaurante O Coto de Ourense (Rúa Reza 11).
Durante este encontro celebrarase a recepción oficial e apertura institucional da xornada, que reunirá a representantes das autoescolas de toda a provincia e a salientables autoridades autonómicas, provinciais e locais.
O evento servirá como espazo de encontro e visibilidade para o colectivo de profesionais da educación viaria, destacando o seu labor e compromiso coa formación, a seguridade e a mellora continua do sector.
Detalles do acto institucional
Data: Venres, 2 de outubro de 2026
Hora: 14.00 h
Lugar: Restaurante O Coto de Ourense (Rúa Reza 11).
Acto: Recepción oficial e apertura institucional da Festa Provincial de Autoescolas 2026
Ao finalizar o acto enviarase unha nota de prensa acompañada de fotografías oficiais.
Autoridades e representantes invitados
Luis Novoa Fernández, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Autoescolas de Ourense
Luis Menor Pérez, Presidente da Deputación de Ourense
Gonzalo Pérez Jácome, Alcalde do Concello de Ourense
David Martínez, Presidente da Confederación Empresarial de Ourense
David Llorente Rey, Xefe Provincial de Tráfico en Ourense
José Luis Ferro Iglesias, Deputado no Parlamento de Galicia
Hipólito Casa Conde, Xefe de Servizo de Mobilidade de Ourense
Programa da xornada
11.00 h – Praza Maior de Ourense
Exposición de vehículos das autoescolas.
11.30 h – Confederación Empresarial de Ourense (CEO)
Charla informativa sobre as modificacións en materia de protección aos usuarios vulnerables da vía, que entrarán en vigor o día anterior, 1 de outubro.
A charla correrá principalmente a cargo do Xefe Provincial de Tráfico de Ourense, podendo contar tamén coa participación dalgún outro profesional relacionado coa materia.
13.00 – Foto de familiar na Praza Maior de Ourense
13.00 – 13.30 h – Restaurante O Coto de Ourense
14.00 h – Restaurante O Coto de Ourense
Despois da comida –
Homenaxe institucional aos compañeiros xubilados
Sorteo de agasallos (doazóns de empresas colaboradoras)
Sobremesa e baile / Clausura do evento
Ao finalizar o evento difundirase nota de prensa aos medios de comunicación

















