“Levamos 15 anos de promesas desde a Xunta. Agora somos o único Concello con máis de 11.000 habitantes que non ten instituto. Desde o BNG lamentamos, que unha vez máis – e xa van demasiados meses, iniciativas como a do Instituto, quede solapada polos vaivéns de intereses persoais e partidistas que protagonizan o día a día dun Goberno Municipal que vai á deriva e sen freos”
“A situación municipal non pode ser máis bochornosa. Dimite un concelleiro de DO, porque así llo piden desde Ourense, xa que ao parecer o alcalde non os apoia na Deputación. Barbadás non é unha sucursal de Ourense, nin de DO, nin pode estar sometida ao que lle conveña ao Sr. Valcárcel para a súa supervivencia política”
Barbadás, 05 de outubro de 2026. O BNG de Barbadás presentou unha moción para a construción dun Instituto de Educación Secundaria e Bacharelato en Barbadás. Esta demanda histórica xa vén de lonxe. Hai máis de 15 anos que a Xunta xa contemplaba a creación do Instituto no noso municipio. As razóns son moitas, pero hai unha especialmente evidente: Barbadás é o único concello con máis de 11.000 habitantes que non conta con esta infraestrutura.
Un instituto en Barbadás suporía: Menos desprazamentos. Máis facilidade para a conciliación das familias. Menor custo de transporte – que no caso do asumido polo Concello podería servir para conectar mellor as necesidades do municipio. Consolidar a Barbadás con capacidade para ofrecer á súa veciñanza todos os equipamentos necesarios para vivir, estudar e desenvolver o seu proxecto de vida no propio Concello. Este é un dos retos estratéxicos que temos para os vindeiros anos, e Concello de Barbadás debe ser impulsor para que a Xunta non poida pór máis escusas nin evasivas.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
É aquí onde reside un dos principais problemas que temos, segundo a candidata as eleccións do ano que vén, Mónica Valencia, “desde o BNG lamentamos, que unha vez máis – e xa van demasiados meses -, iniciativas importantes coma a do Instituto, queden solapadas polos vaivéns de intereses persoais e partidistas que protagonizan o día a día dun Goberno Municipal que vai á deriva e sen freos”.
E é que temos unha situación municipal “que non pode ser máis bochornosa. Dimite un concelleiro de DO, xa que ao parecer o alcalde non os apoia na Deputación. O BNG ten que denunciar que Barbadás non é unha sucursal de Ourense, nin de DO, nin do PP, nin do que lle conveña ao Sr. Valcárcel para a súa supervivencia política”.

















