Este venres, día 9, o Auditorio Manuel María do Carballiño acollerá a proxección do filme francés “El caso 137”, dirixido por Dominik Moll e protagonizado por Léa Drucker.
A historia céntrase en Stéphanie, axente de policía de Asuntos Internos, que é asignada a un caso relacionado cun rapaz gravemente ferido durante unha tensa e caótica manifestación en París. Aínda que non atopa probas de violencia policial ilexítima, o caso adquire un cariz persoal ao descubrir que a vítima é da súa cidade natal, o que transformará o caso 137 en algo máis ca un simple número. Trátase dun thriller intenso que denuncia a impunidade da violencia policial.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Os pases serán ás 20:00 horas, en versión dobrada ao castelán, e ás 22:30 horas, en VOS (versión orixinal subtitulada).

















