O Carballiño segue baixando a incidencia, con nove casos menos ata os 109 positivos de covid-19

21 December 2020, US, Worcester: A man fills a syringe with the Pfizer Coronavirus (Covid-19) vaccine at a vaccination centre in UMass Memorial Hospital in Worcester. Photo: Allison Dinner/ZUMA Wire/dpa 21/12/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN

A comarca do Carballiño rexistra hoxe 152 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, baixa nove contaxios, ata os 109 casos activos. Maside sobe catro casos ata os 17 casos. San Cristovo de Cea sobe un caso ata os 10 contaxios. Beariz sobe ata os 6 contaxios e Boborás ata os 4 casos, mesma cifra que mantén O Irixo. Piñor e San Amaro contan cun caso activo cada un.

No Ribeiro, Ribadavia sobe tres casos ata os 42 contaxiados. Carballeda de Avia sobre tres contaxios ata os 17 casos activos. Melón sobe ós 14 casos activos. Cenlle sobe dous contaxios ata os 9 casos. Leiro sobe ós oito casos. Castrelo de Miño sobe ós cinco casos. Cortegada e Beade contan con tres casos cada un. Avión con dous casos e Arnoia con un caso.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 1.072 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 12.221. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 49 (+7) están en UCI e 243 (+25) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 213 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 2.708 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 55 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (=)  na UCI.