O viveiro de empresas do Carballiño xa conta coa aprobación definitiva e a convocatoria abrirase nos próximos días

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Carballiño, 7 de outubro de 2026

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O viveiro de empresas do Carballiño, situado no Polígono Empresarial, vén de recibir luz verde para a súa posta en marcha trala publicación da aprobación definitiva da ordenanza reguladora no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O concelleiro de Industria, Manuel Dacal, resalta a importancia da activación deste espazo, unha das principais iniciativas do goberno local para impulsar e apoiar novos proxectos empresariais no municipio.

“Nos próximos días abrirase a convocatoria e aqueles emprendedores e empresas interesadas poderán solicitar facer uso das instalacións”, explica Dacal.

O obxectivo da creación deste viveiro é favorecer o nacemento, arranque e consolidación de novas empresas de carácter industrial, así como fomentar a xeración de emprego, aumentar a estrutura produtiva local e favorecer a instalación de novas compañías no Carballiño. “Trátase dun espazo idóneo para desenvolver iniciativas empresariais que logo poidan continuar de xeito autónomo a súa traxectoria”, detalla o concelleiro.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Poderán solicitar o uso das instalacións as empresas de recente creación —non máis de 12 meses desde a data de constitución— ou en proxecto de constitución. En total, contarán cun período máximo de 48 meses para utilizar o viveiro.

A superficie total do espazo supera os 380 metros cadrados, nos que se inclúen tres naves industriais —dúas de 78,5 metros cadrados e unha terceira, máis pequena, de 75,52—, ademais dunha zona común con sala de reunións, sala de formación, oficina para administración, aseos e vestiarios. Ademais, o Concello encárgase da subministración de luz e auga, limpeza, mantemento e conservación do centro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------