Ourense, 9 de outubro de 2026.- O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu está mañá na Aula Magna do colexio Salesianos da cidade de Ourense, á inauguración das actividades do novo curso 2026-2027 que levará a cabo a Asociación Xuvenil Amencer co apoio da Administración autonómica.
No acto, Manuel Pardo trasladoulles os seus parabéns aos responsables da entidade polos seus 40 anos de traxectoria, centrada na educación integral da infancia e da mocidade ourensá a través de accións transversais que desenvolven mediante o compromiso do tecido asociativo local e á implicación do seu voluntariado de mozos e mozas.
















