A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) impulsa o ciclo «Os medios do futuro comezan nas aulas», unha iniciativa que achega á Universidade de Santiago de Compostela a perspectiva feminista nos medios de comunicación galegos e que busca fortalecer o ecosistema dos medios en galego, promovendo espazos de intercambio e reflexión entre profesionais, persoas expertas e estudantado.
No marco desta programación, a responsable de Ecos da Comarca, Moure, referiuse ás comarcas de Arzúa, Deza, Terras de Melide e A Ulloa como un territorio que, ao seu xuízo, estaba desatendido desde o punto de vista informativo. «No rural pasan moitísimas cousas. En Ecos da Comarca damos voz a realidades ás que os grandes medios non chegan e prestamos especial atención ás historias das mulleres do territorio, que son moi diversas e fan cousas moi diferentes», sinalou.
A última sesión do ciclo celebrarase o vindeiro luns 19 na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra, baixo o título «Os medios en galego ante os novos retos da comunicación». Nela participarán o profesor da Universidade de Vigo Xosé Baamonde Silva; a profesora da Universidade de Santiago de Compostela María Cruz Negreira; a xornalista de GCiencia Laura Filloy; e Manuel Gago, do Consello da Cultura Galega.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O ciclo «Os medios do futuro comezan nas aulas» conta co patrocinio da Xunta de Galicia e coa colaboración da Deputación da Coruña, do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e das tres universidades galegas.

















