- A cita será este xoves, 22 de outubro, ás 20:00 horas no Espazo OZOCOgz, acompañado polo escritor e profesor Xoán Carlos Domínguez Alberte.
O Carballiño, 19 de outubro de 2026. O Espazo OZOCOgz (situado na Rúa Curros Enríquez, 29) acollerá a vindeira actividade cultural o próximo xoves, 22 de outubro, ás 20:00 horas. Trátase da presentación do libro «50 anos. Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza de Francisco Rodríguez», unha obra editada por Tempo Galiza Editora.
O acto contará coa presenza do propio protagonista, Francisco Rodríguez, profesor, historiador e político, quen estará acompañado na mesa polo escritor e profesor Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Este volume reúne trece achegas de diferentes autores e autoras sobre o impacto que tivo na altura, e durante estes 50 anos, unha obra esencial na sociolingüística galega. O libro confórmase, por tanto, como unha merecida homenaxe a este título e ao seu autor, pero tamén se constitúe como unha ferramenta fundamental e moi útil para comprender e avaliar a situación presente da nosa lingua e o traballo necesario que queda por desenvolver para acadar a súa normalización.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Desde a organización do evento anímase a toda a veciñanza e aos amantes da cultura e da lingua galega a achegarse ata o espazo OZOCOgz para participar nesta interesante cita. A entrada está aberta ao público.
















