O delegado da Xunta participou previamente no acto institucional co gallo da campaña do Dia Mundial Contra o Cancro de Mama baixo o lema ‘Tomámolo a peito’
- O delegado da Xunta reiterou que a loita contra o cancro é unha causa común de toda a sociedade, e que esta iniciativa organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Ourense, contribúe a sensibilizar sobre a enfermidade e a crear conciencia do importante que é a prevención
- Manuel Pardo trasladoulles que a Xunta segue comprometida coa mellora dos servizos de prevención, diagnóstico e tratamento do cancro de mama, xa que a investigación é clave para erradicar esta enfermidade, e por iso, a aposta por proxectos científicos que poidan ofrecer novas opcións de tratamento é firme
Ourense, 19 de outubro de 2026 O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na cidade de Ourense no acto institucional co gallo da campaña do Dia Mundial Contra o Cancro de Mama, que, baixo o lema ‘Tomámolo a peito’ pretende poñer de manifesto o valor da investigación, o apoio e o acompañamento das persoas diagnosticadas con esta enfermidade.
Manuel Pardo reiterou que a loita contra o cancro é unha causa común de toda a sociedade, e que esta iniciativa organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Ourense, contribúe a sensibilizar sobre a enfermidade e a crear conciencia do importante que é a prevención.
Posteriormente o delegado da Xunta trasladouse ás instalacións desta organización sen ánimo de lucro formada por pacientes, voluntarios, colaboradores e profesionais coa finalidade de coñecer de primeira man o labor que desenvolve, os programas e servizos que ofrecen, así como os proxectos que actualmente están a impulsar en beneficio da sociedade.

Durante a xornada, Manuel Pardo escoitou dos responsables as principais liñas de actuación da organización e intercambiou impresións sobre futuros ámbitos de colaboración e interese común.
Non quixo pasar a ocasión para trasladarlle que a Xunta segue comprometida coa mellora dos servizos de prevención, diagnóstico e tratamento do cancro de mama, xa que a investigación é clave para erradicar esta enfermidade, e por iso, a aposta por proxectos científicos que poidan ofrecer novas opcións de tratamento é firme.
O delegado da Xunta lembrou a elevada heteroxeneidade biolóxica e xenética do cancro de mama adoita levar aparellado un plan terapéutico personalizado. Xa que logo, con este acordo marco o Executivo galego mantén a súa aposta por avanzar no ámbito da medicina de precisión e achegar á poboación as solucións terapéuticas máis innovadoras e de vangarda.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
É o caso da Estratexia galega de oncoloxía de precisión, que concibe tratamentos que representan “un gran avance respecto á quimioterapia” convencional, ao permitir unha administración que combate directamente as células tumorais e ao resultar potencialmente menos tóxica para as pacientes. “Menos agresivos e máis eficaces”, salientou.
Por iso, antes de rematar a visita Manuel Pardo trasladoulle aposta do Goberno autonómico por estar sempre á vangarda nos tratamentos que se ofrecen nos hospitais públicos.

















