A Insua dos Poetas organiza hoxe unha noite de cine e poesía

Nesta xornada, a partir das 21:00 horas, contarase coa presentación do último libro do poeta José Lameirase e a proxección de catro audiovisuais: un videopoema do propio Lameiras e as curtas feitas polos alumnos do IES Chamoso Lamas “Sons no camiño” e “O andar da pedra” e a mediometraxe “A última viaxe do afiador”, de Aitor Rei. A duración aproximada de todo o acto será de 2 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo do auditorio da Insua dos poetas. Durante todo o acto será necesario o emprego de mascarilla e gardar todas as medidas de seguridade sanitaria.

José Lameiras é deseñador gráfico, músico e poeta e é o creador e director do festival Imos ter máis que palabras. Sons no camiño foi a primeira curta realizada polos alumnos do IES Chamoso Lamas no ano 2016. O andar da pedra é a última producción do equipo de audiovisuais deste centro. A última viaxe do afiador  de Aitor Rei, director e actor  ourensán, é un filme que narra a vida errante dos afiadores contada polos seus propios protagonistas. 

AVANTAR ACTIVIDADES