O IGE publicou hoxe a estatística sobre os nomes dos neonatos galegos correspondentes ao 2025
No caso dos nomes masculinos, Martin e Hugo completan o podio
En canto aos femininos, sobresaen tamén Vega e Noa
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2026
Mateo e Sofía repetiron como os nomes máis empregados para os nenos e nenas que naceron en Galicia durante o pasado ano 2025.
Así o sinala a estatística publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística sobre os nomes dos neonatos galegos correspondentes ao ano 2025. Nela sinálase, nunha listaxe que contén cincuenta nomes ordenados de maior a menor frecuencia, que os cinco máis empregados no caso dos nenos foron Mateo, Martín, Hugo, Lucas e Leo, e no das nenas Sofía, Vega, Noa, Olivia e Martina.
No ano 2024, Sofía tamén ocupou o primeiro posto dos nomes femininos, seguido de Vega, Noa e Martina. En canto aos nomes masculinos, Mateo foi o nome máis empregado, acompañado de Martín, Leo e Hugo.
Os 20 nomes máis empregados en 2024 e 2025
| NENOS | NENAS | |||
| 2024 | 2025 | 2024 | 2025 | |
| 1 | Mateo | Mateo | Sofía | Sofía |
| 2 | Martín | Martín | Vega | Vega |
| 3 | Leo | Hugo | Noa | Noa |
| 4 | Hugo | Lucas | Martina | Olivia |
| 5 | Lucas | Leo | Olivia | Martina |
| 6 | Enzo | Manuel | Lara | Mia |
| 7 | Gael | Enzo | Lucía | Valeria |
| 8 | Manuel | Roi | Mia | Lara |
| 9 | Luca | Luca | Vera | Lía |
| 10 | Roi | Gael | Valeria | Julia |
| 11 | Antón | Liam | Carmen | Lucía |
| 12 | Marco | Marco | Lola | Alma |
| 13 | Nicolás | Antón | Lía | Valentina |
| 14 | Pablo | Daniel | Sara | Gala |
| 15 | Alex | Nico | Valentina | Daniela |
| 16 | Xoel | Thiago | Julia | Candela |
| 17 | Liam | Xoel | Emma | Sara |
| 18 | Nico | Nicolás | Gala | Lúa |
| 19 | Oliver | Pablo | Daniela | Sabela |
| 20 | Iago | Mauro | Alma | Lola |
Outras estatísticas
O IGE tamén dispón na súa páxina web de información relativa aos nomes e apelidos da poboación que reside en Galicia atendendo á súa distribución municipal, concello e década de nacemento.
Por exemplo, con datos a 1 de xaneiro de 2025, actualizados tamén hoxe, os nomes máis frecuentes na nosa comunidade son, por orde, Manuel, María Carmen, José, María e José Manuel. No caso dos apelidos, Rodríguez, Fernández, González, López e García son os máis habituais.
















