Onte pola noite comezou oficialmente a campaña electoral para as eleccións xerais do 29 de novembro. Con este motivo, militantes, simpatizantes e varios alcaldes da comarca do Carballiño do Partido Popular reuníronse na Praza Maior do Carballiño para participar na tradicional pegada de carteis.

No acto destacou a presenza de Toño Cerdeira, presidente da xestora e candidato ao Senado, así como a de Patricia Torres, alcaldesa de Boborás e tamén candidata suplente ao Senado.
Unha vez pegado o primeiro cartel, Toño Cerdeira manifestou que o seguinte será na sede do PP en Madrid, co lema “Feijoo Presidente”.

















