Onte comezou en Ourense a campaña electoral para as eleccións xerais. No acto do BNG, a formación centrou o seu discurso na oportunidade histórica de lograr representación pola provincia e romper con catro décadas de bipartidismo.
A cabeza de lista ao Congreso, Noa Presas, asegurou que saen “a por todas”: “Imos facer historia co primeiro escano do BNG por Ourense”. Fronte a quen apela ao voto útil, a candidata reivindicou o papel do nacionalismo galego advertindo de que “non hai que escoller entre mal maior ou mal menor porque está o BNG”, e defendeu que “o útil é ir a Madrid para facer valer Galiza, non para obedecer”.















