BNG lanza un spot electoral específico para Ourense baixo o lema “Ambición por Ourense”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A peza audiovisual reivindica a necesidade de superar o conformismo e abrir un tempo novo para Ourense: infraestruturas, emprego, servizos e futuro

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A formación nacionalista afirma que Ourense está máis preto de facer historia este 29N co primeiro escano do BNG

Ourense, 16 novembro 2026. O Bloque Nacionalista Galego lanza un spot electoral específico para Ourense no marco da campaña das eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro, unha peza audiovisual que sitúa a “ambición por Ourense” do BNG como fío condutor dunha mensaxe centrada no futuro das comarcas ourensás e nas súas potencialidades, fronte ao bipartidismo estéril que abandonou as e os ourensáns ao longo de case 50 anos.

O vídeo reivindica a necesidade de non aceptar límites nin conformarse coa situación actual que o bipartidismo estéril provocou, e apostar por unha forza política como o BNG para que Ourense “non teña que agardar décadas polas infraestruturas que merece, con pensións dignas, oportunidades para que a mocidade poida quedar e construír aquí o seu futuro, proxectos estratéxicos, vivenda e servizos públicos de calidade”.

Baixo a chamada final “Fagamos historia. Vota BNG”, a peza enmárcase no obxectivo da formación nacionalista de conseguir por primeira vez representación de Ourense no Congreso, levando a Madrid unha voz propia para defender os intereses das e dos ourensáns.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------