A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ribadavia organiza esta semana dúas actividades en colaboración con Sustinea, consistentes nun curso de cociña e un contacontos, propostas para aprender, compartir e seguir construíndo unha sociedade máis igualitaria.
O curso de cociña terá lugar mañá, 18 de novembro, na Casa da Cultura da vila. Un obradoiro práctico no que aprenderemos a preparar receitas sinxelas e saudables, fomentando tamén a corresponsabilidade nas tarefas do fogar.
E o alumnado co CEIP Plurilingüe de Ribadavia terá a oportunidade, tamén mañá, de asistir a un contacontos, dirixido especialmente ao público infantil e familiar.

















