O Concello de Ribadavia convida a toda a veciñanza ao acto institucional conmemorativo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero (25N), que terá lugar mañá, mércores, ás 13,00 horas, na Praza Maior da vila.
Alí procederase a dar lectura ao manifesto contra a violencia de xénero por parte dos representantes da Corporación Municipal.

















