A concelleira de Muller e Igualdade do Carballiño, Silvia Baranda, será a encargada de abrir o acto institucional promovido polo Centro de Información á Muller (CIM) do seu departamento para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero (25N). A edil dará lectura ao manifesto elaborado pola FEGAMP para esta data.
A convocatoria, aberta a toda a veciñanza do municipio, está fixada para as 12,00 horas de mañá, mércores día 25, no salón de plenos da Casa do Concello. A continuación, o alumnado dos centros de ensino da vila e representantes da Cruz Vermella, Bó Día Familia, Aspadisi e Asociación de Mulleres presentarán as súas iniciativas para erradicar a violencia machista.
O acto contará co acompañamento musical do dúo ELOS, integrado por Marta Bravo e Sergio Tannus.

















