O pediatra do Carballiño Martín Nogueira fai un chamamento á responabilidade das familias fronte o estado de saúde dos fillos

Martín Nogueira, foi partidario dende o principio de facilitar as saídas aos nenos cando foron os primeiros en confinarse e agora tamén considera que se as autoridades toman as medidas necesarias poderían abrirse os parques infantís. Ademais da necesaria desinfección entre o uso por distintos nenos, habería que reducir o aforo e facer quendas de uso.

Publicidade

VIDEO

Unha vez mais, o pediatra fai un chamento á responsabilidade para que as familias sexan mais cautas á hora de vixilar aos seus fillos e os contactos que teñen. Se antes non se lle daba demasiada importancia aos síntomas dun simple catarro ou alerxia, agora, mais se cadra, por precaución, os nenos non deberían xuntarse con outros se amosan síntomas.