“Taxi Driver” coa banda sonora en directo, abre hoxe as Xociviga con 25 curtametraxes dunha vintena de países

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Hoxe é o gran día, o da gran apertura das Xociviga, que ademáis  depararán o primeiro prato forte do festival internacional de curtametraxes: a proxeccion da obra maestra de Martin Scorsese, “Taxi Driver”, coa mítica e inesquecible banda sonora composta por Bernard Herrman, interpretada en directo para a ocasión por un cuarteto de Jazz.

Está apertura terá lugar as 20,30 horas, no Auditorio Manuel María, estando as estradas a venta desde as 19,30 (10 euros) na billeteira e tamén na web oficial: xociviga.com (a través da plataforma Entradium)

Entre o 25 e o 28 de novembro, o público poderá desfrutar dun total de 25 curtametraxes de diversos estilos e narrativas, procedentes dunha vintena de países, desde Lituania a Haití, pasando por Perú ou Turquía.

Un total de 15 estreas en España e Galicia

Neste Ano 2 do Festival Internacional de Curtametraxes, proxectaranse un total de 15 estreas, 4 a nivel España e 11 a nivel Galicia. Como é habitual, o núcleo das Xociviga será a sección Xentes, na que as curtas competirán polo premio do xurado e polo premio do público (que votará despois das proxeccións). Haberá oito sesións dunha hora de duración aproximadamente, e estarán programadas para as 17,30, 19,00 e 20,30 horas, con entrada gratuíta. A única excepción é o sábado 28, que debido a preparación da xornada electoral do 29N no Auditorio, só haberá dúas sesións de curtas.

Filme sorpresa de terror e actividades para os máis pequenos

O certame propón este ano unha actividade novidosa, a incorporación dunha sesión especial de cinema de terror cunha proxección sorpresa. Será o venres 27 ás 23,00 horas, e o título non se revelará ata o comezo da sesión, tamén gratuíta.

Por outra banda, o festival mantén a súa firme aposta pola formación e participación dos máis pequenos da vila. Nesa liña, o sábado 28 ás 11,30 horas haberá unha sesión dirixida á familias. Poderán desfrutar de ‘Shreck’ con motivo do seu 25 aniversario. O sábado 21, en horario de mañá, haberá un obradoiro audiovisual para nenos e nenas, cuxas inscricións estarán abertas desde esta tarde a través das redes sociais do festival.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------