Asoporcel confía en paliar a crise no sector do porco celta

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

ASOPORCEL, A ASOCIACÓN DE CRIADORES DE PORCO CELTA, CONFÍA EN QUE A REDE DE COMERCIALIZACIÓN DA XUNTA “MERCAPROXIMIDADE” AXUDE A PALIAR A CRISE NO SEU SECTOR

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A actual crise desencadenada polo coronavirus está a repercutir no traballo de ASOPORCEL, a asociación de criadores de porco celta. Suprimíronse as visitas ás granxas; en canto ós animais en sí e á produción permanecen nas súas rutinas sen maior problema.

VIDEO

O que sí se paralizou relativamente foi a saída de animais para sacrificio xa que os operadores de transformación e comercialización implicados na cadea de produción de porco celta viron disminuídas as ventas, fundamentalmente pola paralización do sector da restauración.

ASOPORCEL conta con que a rede de comercialización mercaproximidade posta en marcha pola Xunta de Galicia, axude a paliar esta crise na produción de porco celta e conseguir achegar a carne e os derivados desta raza a moitas das grandes superficies as que todos imos mercar.

Dende a dirección da Asoc de criadores do porco celta confían en superar esta crise o máis pronto posible e que todo volva á normalidade, tanto a nivel de traballo como de vida diaria.

Din que é posible que lles sirva para reforzar a eses pequenos produtores, gandeiros e agricultores, que nestes momentos están garantindo o noso abastecemento. Probablemente a partir de agora valoremos máis as producións daquí e o mercado de proximidade e que isto favorecería ó sector do porco celta, e das razas autóctonas en xeral.