O Ribeiro suma tres positivos novos de Covid-19: un caso máis en Melón e dous novos en Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de Ribadavia informou esta mañá a través das súas redes sociais de que no concello hai rexistrados dous casos positivos en coronavirus sen relación entre eles, sometidos ás medidas e protocolos sanitarios e de seguridade que ditan as autoridades sanitarias. A situación está controlada e o concello explica que non supón ningún risco para a veciñanza.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Precisamente, onte Ribeiro en Común criticaba a falta de información por parte do concello sobre os casos activos de coronavirus que había no municipio. Solicitaban asemade, que se convocara unha Xunta de Portavoces para informar aos grupos municipais, como lexítimos representantes cidadáns, e se abordara nela a verdadeira situación sanitaria en Ribadavia.

No gromo detectado os pasados días en Quins, Melón, con tres casos ascende a catro co diagnóstico positivo dun home de 39 anos.

No cribado realizado nas residencias de Arnoia todos os tests deron negativo.

Na comarca do Ribeiro temos coñecemento de 21 casos; 11 de 2 brotes no concello de Avión, 4 casos no concello de Melón, 4 mais no concello de Cortegada e 2 en Ribadavia.

O CARBALLIÑO

O último brote detectado o pasado xoves no Carballiño con orixe nunha xuntanza de amigos chegaba onte aos 12 afectados. Hoxe hai dous casos novos, un caso aislado que non ten relación cos brotes activos e outro relacionado cun dos casos aislados de onte.

O concello do Carballiño emitía un comunicado no que informaba deste brote e no que pedía máxima precaución e mantemento das medidas sanitarias. Asimesmo, comunicaban que a Policía Local está alertada desta circunstancia, e que intensifica a vixilancia para colaborar coas autoridades sanitarias no control deste brote e na aplicación das medidas de prevención en todo o termo municipal.

O servizo de atención primaria da área do Carballiño mantén o seguimento de 23 casos de coronavirus.

Hai que engadir os dous casos do concello de Cea que pertence ao servizo de atención primaria de Coles.

OURENSE

Na Area Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai activos a día de hoxe 343 (3+) casos positivos. Do total desta cifra, 22 (2+) están ingresados en planta, 4 pacientes mantéñense nas UCI. Todos eles excepto un que está ingresado no hospital de Verín, están no hospital de Ourense. 321 (1+) a seguimento a domicilio.

GALICIA SUMA 102 CASOS MÁIS NA XORNADA DE HOXE, REXISTRÁNDOSE HOXE 3.742 CASOS ACTIVOS POR CORONAVIRUS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.742 deles 1.403 son da área da Coruña, 759 da de Lugo, 343 da de Ourense, 233 da de Pontevedra, 253 da área de Vigo, 607 da de Santiago, e 144 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 143 en unidades de hospitalización e 3.582 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.771 persoas curadas, rexistrándose 644 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 96 anos, que estaba ingresada no HULA e presentaba patoloxías previas.